martes, noviembre 16

Moscas Ceboleiras

As “Moscas Ceboleiras”

Que se pode facer coa pel dunha cebola?
Pois este é o resultado. Estas moscas montámolas no río Mandeo, polos anos 90, eu e o meu irmán Guelo nun restaurante de Betanzos. Todo ocorreu nun  día de “crava e rompe” até tal grao que quedamos sen tricos de pluma de León en Flor de Escoba. O peor era que os reos só querían esta mosca. Estabamos nun restaurante comendo cabizbajos e desesperados. O río estaba abarrotado de reos e nós sen moscas. Non me preguntar como pero nos “iluminamos”. Parecía que os deuses nos darían outra oportunidade. Pedímoslle ao camareiro que nos trouxese unha cebola. E Eureka!! Funme ao coche tome todos os bártulos de montaxe e puxémonos a crear unha “Mosca Ceboleira”. Era un trico de seca máis simple que o actual, pois só tenia a pel da cebola en forma de ás e un pouco de dubbing como collarín. O mellor de todo foi que a “fodida mosca” funcionou. Crible ou non, hai queda a montaxe para situacións desesperadas. Este ano probaremos a variante de ninfa.  Xa vos diremos jejeje!!.