Fai uns 20 anos chegaron ás miñas mans unhas pequenas hélices para montar streamers e moscas de salmón. Estas moscas se viñan confeccionando desde os anos 30. Co paso do tempo esta nova montaxe, foise perdendo. Foi duramente castigado e mesmo atacado por moitos “puristas da pesca a mosca” por asocialo con devones e culleriñas. Eu, que non son purista de nada, estou a recobralo para incluílo en noso catalogo nunha ampla gama de cores. Considero esta montaxe como moi atrayente grazas ás vibracións que emite a hélice, que rota con moita facilidade con tan só manter a mosca nas correntes.
Ver más. Pica: MOSCAS Patagonia-Rusia